Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 25 de novembro de 2021 Páx. 57727

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 5 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada, por comparecencia, da resolución do procedemento de perda do dereito ao cobramento de axudas (código de procedemento MR405A).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio para ser notificada, por comparecencia, da resolución do procedemento de perda do dereito ao cobramento da axuda para a creación de empresas para os/as agricultores/as mozos/as.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Consellería do Medio Rural (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro do dito acordo e a constancia de tal coñecemento.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela a persoa interesada poderá interpoñer, potestativamente, o recurso de reposición ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes ou directamente recurso contencioso administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses. Todo isto consonte o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Ambos os prazos se computarán a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución sen prexuízo de que a persoa interesada poida exercer calquera outro dereito que xulgue pertinente. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o devandito prazo para presentar os recursos e documentos se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2021

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Procedemento: expediente número 27/00792/17 de axuda para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas.

DNI da persoa interesada: 33561517D.

Acto de notificación: resolución de perda do dereito ao cobramento da axuda.