O 27 de outubro de 2021 a xefa territorial de Pontevedra ditou a resolución do expediente sancionador 2021667AE-PO, incoado á persoa titular do DNI 76856695X.
Tras intentar a notificación desta resolución consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido practicarse, polo que mediante este anuncio notifícaselle á persoa titular do DNI 76856695X o contido da dita resolución, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.
No caso de estar conforme con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no seguinte prazo:
1. Se a publicación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte.
2. Se a publicación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte.
Para isto deberá empregar os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.
Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
Pontevedra, 12 de novembro de 2021
Natalia Botana Rey
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Número de expediente: 2021667AE-PO.
DNI da persoa denunciada: 76856695X.
Último enderezo coñecido: lugar Bouza, 8, Besomaño, 36636 Ribadumia.
Feito imputado: suposta infracción do previsto en:
• Real decreto lei 21/2020, do 9 de xuño, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.
• Artigo 6.2 do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.
• Decreto 202/2020, do 3 de decembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2:
1. Queda restrinxida a entrada e saída de persoas dos seguintes ámbitos territoriais:
j) Do ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Meaño, Meis e Ribadumia.
k) Do ámbito territorial do concello de Cambados.
Tipificación: dúas infraccións administrativas tipificadas como leves no artigo 41.g) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, modificada pola Lei 1/2018, do 2 de abril: «O incumprimento, por simple neglixencia, dos requisitos, obrigacións ou prohibicións establecidas na normativa sanitaria, así como calquera outro comportamento, a título de imprudencia ou inobservancia, sempre que se produza alteración ou risco sanitario e este sexa de escasa incidencia».
Sanción proposta: seiscentos euros (600 €).