Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 24 de novembro de 2021 Páx. 57672

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Real Academia de Medicina de Galicia

ANUNCIO da convocatoria de tres cadeiras de académicos/as numerarios/as.

Convócanse, para a súa provisión, as tres cadeiras de académico/a numerario/a de Historia da Medicina, Cardioloxía e Uroloxía.

Para poder aspirar a tales cadeiras, é preciso ter nacionalidade española e residir en Galicia, así como estar en posesión do título de doutor en Medicina; por outra parte, posuirán un relevante e acreditado prestixio científico e profesional, avalado polas súas responsabilidades, investigación, publicacións ou traballos científicos orixinais.

Ninguén poderá presentar persoalmente a súa candidatura para o posto de académico/a.

As propostas serán formuladas por tres académicos/as de número, dos que, polo menos un, deberá pertencer á sección na que estea incluída a dita vacante.

Non se tramitará ningunha proposta que leve máis de tres sinaturas, nin as que leven sinaturas que consten xa noutra candidatura concurrente á mesma praza.

As propostas deberán ir acompañadas dun curriculum vitae do candidato e presentaranse na Secretaría da Real Academia de Medicina (rúa Durán Loriga, 10, 2º, 15003 A Coruña), no prazo de 15 días naturais a partir da publicación deste anuncio.

A Coruña, 26 de outubro de 2021

Ramiro Varela Cives
Académico numerario-secretario en funcións
da Real Academia de Medicina de Galicia