Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 24 de novembro de 2021 Páx. 57529

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 10 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se convocan os interesados ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforma DC BAL702-GON806 e derivación GON806 a CT Canido II, no concello de Vigo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, ignórese o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar…», mediante o presente anuncio convócanse a todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforma DC BAL702-GON806 e derivación GON806 a CT Canido II, no concello de Vigo, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 10 de novembro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2020/199-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: reforma DC BAL702-GON806 e derivación GON806 a CT Canido II.

Concello: Vigo.

Predio

Ref. catastral

Lugar

Titularidade

Enderezo

Data

Hora

1

54057A151000890000BZ

Cepos

Hros. José Lino Fernández Alonso

Descoñecido

21 de decembro de 2021

12.00

3

54057A150000410000BR

Sistro

Descoñecida

Descoñecido

21 de decembro de 2021

12.00