BDNS (Identif.: 579394).
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):
Primeiro. Beneficiarios
1.1. Poderán ser beneficiarios dos proxectos de investimento produtivo as persoas físicas ou xurídicas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Estar empadroado ou ter o seu domicilio social e fiscal nalgún concello do ámbito territorial do GALP correspondente.
b) Desenvolver o proxecto no mesmo ámbito territorial.
c) Cando o beneficiario sexa unha sociedade de capital, o proxecto deberá adecuarse ao obxecto social que se recolla nos seus estatutos.
d) No caso de municipios densamente poboados nos que na EDLP non computa a totalidade da poboación (só a integrante do sector pesqueiro e as súas familias), poderán ser beneficiarios:
1º. As persoas xurídicas do sector pesqueiro con domicilio social e fiscal no municipio e en cuxo obxecto social figuren actividades propias do sector pesqueiro. No caso de que a persoa xurídica desenvolva actividades noutros sectores, deberán acreditar no momento da solicitude que a maior parte da facturación provén do sector pesqueiro.
2º. As persoas físicas integrantes do sector pesqueiro e as súas familias (ver aclaración do termo «familia» na orde de bases para estes efectos).
3º. As entidades públicas locais cuxos proxectos están dirixidos á poboación integrante do sector pesqueiro ou que presenten beneficios para o resto do territorio da zona pesqueira.
e) Os beneficiarios dos proxectos produtivos limitaranse á categoría de peme (ver anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014), excepto as entidades públicas de carácter local.
f) Non ser unha empresa en crise segundo a definición e condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas en crises (2014/C249/01).
2.1. Poderán ser beneficiarios dos proxectos de investimento non produtivo:
a) Confrarías de pescadores e as súas federacións.
b) Asociacións profesionais do sector pesqueiro e as súas federacións.
c) Entidades sen ánimo de lucro integradas só por confrarías de pescadores e/ou asociacións do sector pesqueiro.
d) Entidades públicas locais.
e) Asociacións declaradas de utilidade pública.
f) Entidades sen ánimo de lucro que teñan entre os seus obxectivos, algún dos seguintes:
1º. Fomentar as actividades náuticas.
2º. Promocionar os produtos pesqueiros do territorio.
3º. Fomentar o ambiente mariño e costeiro.
4º. Promover o patrimonio cultural marítimo pesqueiro.
2.2. Nos municipios densamente poboados nos que na EDLP non computa a totalidade da poboación, poderán ser beneficiarias as entidades indicadas nas letras a), b), c) e d) do punto anterior, cuxos proxectos están dirixidos á poboación integrante do sector pesqueiro e as súas familias, ou que presenten beneficios para o resto do territorio da zona pesqueira.
2.3. Ademais, as entidades cumprirán os seguintes requisitos:
a) Ter o seu domicilio social e fiscal no ámbito territorial do GALP correspondente.
b) Desenvolver o proxecto no mesmo ámbito territorial.
Segundo. Finalidade
O obxecto desta orde é ampliar o crédito autorizado para a convocatoria de 2021, de acordo co establecido no artigo 3 da Orde do 3 de agosto de 2021 (DOG núm. 157, do 17 de agosto) que establece as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocaron as correspondentes ao ano 2021.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 3 de agosto de 2021 (DOG núm. 157, do 17 de agosto) establece as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocaron as correspondentes ao ano 2021.
Cuarto. Importe
O crédito orzamentario para as solicitudes de axuda tramitadas durante o exercicio do ano 2021 e a plurianualidade asociada ás axudas que se podían conceder neste, acadaba o importe de tres millóns oitocentos trinta mil euros (3.830.000,00 €), repartidos nas seguintes anualidades e partidas orzamentarias:
Partida orzamentaria |
2021 |
2022 |
Total |
15.03. 723C .770.0 |
1.300.000,00 |
1.200.000,00 |
2.500.000,00 |
15.03. 723C.780.0 |
800.000,00 |
530.000,00 |
1.330.000,00 |
Total |
2.100.000,00 |
1.730.000,00 |
3.830.000,00 |
Logo da ampliación do crédito máximo autorizado para proxectos non produtivos, o crédito orzamentario para as solicitudes de axuda tramitadas durante o exercicio do ano 2021 e a plurianualidade asociada ás axudas que se poden conceder neste, acada o importe de catro millóns seiscentos corenta mil euros (4.640.000,00 €), repartidos nas seguintes anualidades e partidas orzamentarias:
Partida orzamentaria |
2021 |
2022 |
Total |
15.03. 723C .770.0 |
1.300.000,00 |
1.200.000,00 |
2.500.000,00 |
15.03. 723C.780.0 |
800.000,00 |
1.340.000,00 |
2.140.000,00 |
Total |
2.100.000,00 |
2.540.000,00 |
4.640.000,00 |
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.
Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2021
Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar