Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 23 de novembro de 2021 Páx. 57279

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 15 de novembro de 2021 pola que se publica a concesión dos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2020/21, convocados pola Orde do 16 de xuño de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 124, do 1 de xullo).

A Orde do 16 de xuño de 2021 (DOG núm. 124, do 1 de xullo), pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2020/21, establece no seu artigo 15.2 que a persoa titular da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional elevará a proposta feita pola Comisión de Selección á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, que emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que recollerá a relación de códigos alfanuméricos das persoas premiadas.

Vista a proposta feita pola Comisión de Selección, por proposta da persoa titular da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, de acordo co establecido no artigo 15.2 da orde de convocatoria,

DISPOÑO:

Primeiro. Conceder os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2020/21, ao alumnado que figura no anexo desta orde.

Segundo. Contra esta orde poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, por delegación de competencia establecida na Orde do 9 de febreiro de 2021 (DOG núm. 31, do 16 de febreiro), no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde tal publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2021

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade
P.D. (Orde do 9.2.2021; DOG núm. 31, do 16 de febreiro)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Universidade

ANEXO

Premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación
persoal correspondentes ao curso 2020/21

Código persoal

do/da alumno/a

Cód. centro

Centro educativo

Importe

SZOZMVYW

15026704

IES David Buján

800 €

RPAOQY1R

36020374

IES Valadares

800 €

LSBHIY1E

27013314

IES Santiago Basanta Silva

800 €

YKVYXJHS

15026029

IES Isaac Díaz Pardo

800 €

JZW0HUWP

32002973

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón

800 €

F9VUFN88

15032145

IES de Pastoriza

800 €

EIDVGAAK

15027851

IES Plurilingüe A Cachada

800 €

KYSDC1SL

15014957

CPI de San Sadurniño

800 €

ZWZPJFUA

36013761

IES A Xunqueira I

800 €

FT2WBFKO

15005233

IES Agra do Orzán

800 €

GGE3FNKA

36005142

CPI Plurilingüe Santa Lucía

800 €

WCSV6BOX

15026391

IES Xulián Magariños

800 €

4WIMOGFZ

36010356

CPR Plurilingüe Escuelas Nieto

800 €

CBYQEUDE

15027654

IES Agra de Leborís

800 €

5ZS9LDJI

15027903

IES Eduardo Blanco Amor

800 €

ZFXQB7M2

36000405

CPI Plurilingüe Alfonso VII

800 €

WWGNQJIH

36020374

IES Valadares

800 €

G5TALIRI

36019751

IES Antón Alonso Ríos

800 €

QYXZGPS7

36020350

IES Plurilingüe Pintor Colmeiro

800 €

TNTVF4EM

27007259

IES Río Cabe

800 €