Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 23 de novembro de 2021 Páx. 57360

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 5 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade da Resolución do 12 de agosto de 2021, de extinción da autorización ambiental integrada outorgada a J. Antonio Lama y Clementina Prol, S.C. para a explotación porcina de porcos de ceba, situada no concello dos Blancos (Ourense) (rexistro AAI: 2009/0048_AIA/IPPC_248).

De conformidade co disposto no artigo 10.2 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáse publicidade á seguinte resolución:

Instalación: explotación porcina de porcos de ceba

Procedemento: extinción da autorización ambiental integrada

Titular: J. Antonio Lama y Clementina Prol, S.C.

Localización: concello dos Blancos (Ourense)

Núm. de rexistro AAI: 2009/0048_AIA/IPPC_248

Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático