Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 22 de novembro de 2021 Páx. 57148

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2021, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se dá publicidade do Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia do 29 de outubro de 2021, polo que se acepta a renuncia e se declara a extinción da licenza para a prestación do servizo público de comunicación audiovisual radiofónica do Concello de Muíños (Ourense).

Unha vez adoptado o acordo polo Consello da Xunta de Galicia o 29 de outubro de 2021,

RESOLVO:

Primeiro. Dar publicidade ao acordo do Consello da Xunta de Galicia adoptado en sesión do día 29 de outubro de 2021 e que se transcribe a seguir:

«Aceptar a renuncia e declarar a extinción da licenza para a prestación do servizo público de comunicación audiovisual radiofónica do Concello de Muíños (Ourense)».

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2021

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios