Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 22 de novembro de 2021 Páx. 57232

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 5 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se somete a información pública o proxecto e estudo de impacto ambiental para o proxecto de ampliación de instalación de galiñas poñedoras en ecolóxico e construción de esterqueira, situada no concello do Páramo (expediente MR2021/002).

De conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación de anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o proxecto e o estudo de impacto ambiental para o proxecto de ampliación de instalación de galiñas poñedoras en ecolóxico e construción de esterqueira, promovido por Ladeiravi, S.L., nas dependencias da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sitas en Santiago de Compostela (San Caetano, s/n), co fin de que calquera persoa interesada poida consultalo e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

Para efectos deste expediente o órgano substantivo é a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.

Este estudo tamén poderá consultarse na seguinte ligazón:

https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/agricultura/avaliacion-de-impacto-ambiental/informacion-publica-de-aia

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2021

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias