Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 22 de novembro de 2021 Páx. 57224

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 22 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento BS650A (expediente 150037020).

En virtude do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación da resolución da reclamación previa ditada pola xefa territorial no último domicilio da persoa interesada sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio notifícase a dita resolución á persoa citada no anexo, emprazándoa para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou debidamente representada na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (avenida Salvador de Madariaga, nº 9, andar 1º, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para ter coñecemento do contido íntegro da dita resolución. Advírtese que, de non facelo, se considerará notificada ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Infórmase de que contra a resolución, que esgota a vía administrativa como consta na devandita resolución, poderá interpoñer demanda ante o Xulgado do Social dentro dos trinta (30) días seguintes ao da data da notificación por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

A Coruña, 22 de outubro de 2021

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS650A

Persoa interesada

DNI/NIE

Nº de expediente

Resolución

Data da resolución

07946079Q

150037020

Desistencia

24.5.2021