Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 19 de novembro de 2021 Páx. 56925

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental da zona de reestruturación parcelaria de montes de Fao e Novefontes, no concello de Touro (A Coruña).

De conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), sométese ao trámite de información pública o estudo de impacto ambiental da zona de reestruturación parcelaria de montes de Fao e Novefontes, no concello de Touro (A Coruña), promovido pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

Durante o prazo de trinta días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación estará dispoñible ao público para a súa consulta na seguinte ligazón da páxina web da Consellería do Medio Rural:

https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/desenvolvemento-rural/avaliacion-de-impacto-ambiental/informacion-publica-de-eia

O proxecto de reestruturación parcelaria será sometido á avaliación de impacto ambiental ordinaria. Para os efectos deste expediente, o órgano substantivo é a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

Durante o prazo sinalado, as alegacións, observacións ou suxestións que as persoas interesadas consideren oportunas serán dirixidas á Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2021

Inés Santé Riveira
Directora xeral de Desenvolvemento Rural