Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 18 de novembro de 2021 Páx. 56688

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2021 pola que se fai público o cofinanciamento pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder plurirrexional de España 2014-2020, do contrato de servizo de oficina técnica de apoio para o proxecto Innovaugas 4.0 no marco do programa operativo Feder plurirrexional de España 2014-2020 (expediente OH.788.418).

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1) Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2) Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5) Código NUTS: ES111.

1.6) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7) Fax: 981 95 74 03.

1.8) Teléfono: 981 95 74 01.

1.9) Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10) Perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1) Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2) Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 79411000-8 (servizos xerais de consultaría en xestión).

4. Código NUTS da localización principal do servizo: ES11, Galicia.

5. Descrición do obxecto da licitación: servizo de oficina técnica de apoio para o proxecto Innovaugas 4.0 no marco do programa operativo Feder Plurirrexional de España 2014-2020. Clave do expediente: OH.788.418.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 657.855,80 euros. Importe total: 796.005,52 euros.

8. Valor estimado do contrato: 1.093.110,20 euros. Inclúe o orzamento de licitación (657.855,80 euros) e prórroga/s contractual/is ordinaria/s prevista/s (435.254,40 euros).

9. Prazo de execución do contrato: 36 meses. Previsión de prórrogas contractuais ata un máximo de 24 meses.

10. Criterios de adxudicación.

10.1) Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2) Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 49 %), metodoloxía proposta para o seguimento e xestión do proxecto (ponderación 25 %), metodoloxía proposta para a realización dos labores de difusión e comunicación do proxecto (ponderación 10 %), metodoloxía proposta para a coordinación do proxecto (ponderación 7 %), metodoloxía proposta para o control de riscos e calidade do proxecto (ponderación 5 %) e mellora técnica vinculada á execución do servizo (ponderación 4 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 26 de abril de 2021.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1) Ofertas totais: 8.

12.2) Ofertas de pequenas e medianas empresas: 8.

12.3) Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4) Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou celebración do contrato: 8 de xuño de 2021.

14. Empresa contratista:

14.1) Nome da empresa ou, se é o caso, UTE: UTE-Novadays, S.L. & Sidi Consultoría y Gestión, S.L.

14.2) NIF: U06791677.

14.3) Enderezo: avda. Manoteras, 32 (ED.B), 28050 Madrid.

14.4) Código NUTS: ES300.

14.5) Teléfono: 620 88 12 90.

14.6) Fax: 911 10 73 20.

14.7) Correo electrónico: novadays@novadays.es

14.8) Pequena ou mediana empresa: si.

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 447.341,94 euros. Importe total: 541.283,75 euros.

16. Información sobre si o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Actuación cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible no marco do programa operativo Feder Plurirrexional de España 2014-2020.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo no Obxectivo Temático 1 «Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación»; Prioridade de Investimento 1.b «Fomento do investimento empresarial en I+i, o desenvolvemento de vínculos e sinerxías entre as empresas, os centros de investigación e desenvolvemento e o sector do ensino superior, en particular, mediante o fomento do investimento no desenvolvemento de produtos e servizos, a transferencia de tecnoloxía, a innovación social, a innovación ecolóxica, as aplicacións de servizo público, o estímulo da demanda, a interconexión en rede, as agrupacións e a innovación aberta a través dunha especialización intelixente, e mediante o apoio á investigación tecnolóxica e aplicada, liñas piloto, accións de validación precoz dos produtos, capacidades de fabricación avanzada e primeira produción, en particular, en tecnoloxías facilitadoras esenciais e difusión de tecnoloxías polivalentes»; Obxectivo Específico 1.2.1 «Impulso e promoción de actividades de I+i lideradas por empresas, apoio á creación e consolidación de empresas innovadoras e apoio á compra pública innovadora»; Actuación 1.2.1.4 (segundo o documento Criterios e Procedementos de Selección de Operacións (CPSO) «Liña de Fomento da Innovación desde a Demanda (FID) e da Compra Pública Innovadora (CPI)».

Polo que deberán observarse os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.

17. Servizo do que se poida obter información sobre o contrato formalizado.

17.1) Nome: contratación de Augas de Galicia.

17.2) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4) Código postal: 15781.

17.5) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6) Fax: 981 95 74 03.

17.7) Teléfonos: 981 95 74 01.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial da Unión Europea relevantes para o contrato: DOUE nº 2020/S 152-371855, do 7 de agosto de 2020.

19. Información acerca do acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Data de envío do anuncio de licitación ao Diario Oficial da Unión Europea: 4 de agosto de 2020.

Publicidade do anuncio de licitación no Diario Oficial da Unión Europea: 7 de agosto de 2020.

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 7 de agosto de 2020.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 26 de abril de 2021.

Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 8 de xuño de 2021.

Publicidade do anuncio de formalización do contrato no Diario Oficial da Unión Europea: 14 de xuño de 2021.

Publicidade da formalización do contrato no perfil de contratante: 14 de xuño de 2021.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2021

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

missing image file