Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 18 de novembro de 2021 Páx. 56638

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2021 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes á realización do primeiro exercicio (probas de lingua galega) do proceso selectivo para cubrir tres prazas na categoría profesional de técnico/a superior de linguas modernas, perfil inglés.

Mediante reitoral do 5 de maio de 2021 (DOG do 19 de maio e BOE do 7 de xuño), convocáronse probas selectivas para cubrir tres prazas da categoría profesional técnico/a superior de linguas modernas, perfil inglés, grupo I, unha pola quenda de promoción interna e dúas pola quenda de acceso libre.

Mediante Resolución reitoral do 24 de setembro de 2021 (DOG do 5 de outubro), aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, fixándose un prazo para emendar os defectos que motivaran a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas pola quenda de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Declarar que non hai persoas aspirantes pola quenda de promoción interna.

Terceiro. Indicar que a citada listaxe definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Cuarto. Convocar as persoas aspirantes admitidas e que non están exentas deste exercicio, para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición (probas de lingua galega), o día 14 de decembro de 2021 ás 9.00 horas, na aula Luisa Cuesta da Biblioteca Concepción Arenal, Campus Vida, Santiago de Compostela.

A publicación dos sucesivos anuncios de celebración dos demais exercicios efectuarase polo tribunal, nos locais onde se realizara a proba anterior, no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web:

http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2021

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela