Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 18 de novembro de 2021 Páx. 56665

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 5 de novembro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada RAI-CO-12/2019.

O 22 de setembro de 2021, o secretario xeral técnico da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, en uso da competencia delegada polo conselleiro en virtude da Orde do 24 de xuño de 2021 (DOG núm. 127, do 6 de xullo), ditou resolución do recurso de alzada RAI-CO-12/2019 interposto por Gas Natural Redes GLP, S.A.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á Comunidade de Propietarios Santa Gema núm. 2, no concello da Coruña, como parte interesada, a resolución antes referida.

A interesada poderá recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición teña a súa sede o órgano que tivese ditado a disposición ou o acto orixinario impugnado, de acordo co establecido nos artigos 8.3 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Consonte o disposto no artigo 46.1 da citada lei, o prazo de presentación do referido recurso é de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan presentar calquera outro que consideren oportuno.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2021

Pablo Casal Espido
Secretario xeral técnico da Vicepresidencia Segunda
e Consellería de Economía, Empresa e Innovación