Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 18 de novembro de 2021 Páx. 56667

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 3 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade das resolucións de modificacións non substanciais de autorizacións ambientais integradas.

De conformidade co disposto no artigo 10.2 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselles publicidade ás seguintes resolucións:

Instalación: planta de transformación metálica, ensamblaxe, cataforese e pintura en po

Procedemento: modificación non substancial

Titular: Marsan Transformaciones Superficiales, S.L.U.

Localización: Vigo (Pontevedra)

Expediente: 2021-IPPC-M-076

Instalación: planta de produción de pezas por estampaxe metálica e conxuntos metálicos por ensamblaxe, soldadura e pintado por electrodeposición

Procedemento: modificación da autorización ambiental integrada

Titular: Gestamp Vigo, S.A.

Localización: concello do Porriño (Pontevedra)

Expediente: 2021-IPPC-M-57

Instalación: planta de fabricación de envases e litografado

Procedemento: modificación plan de vixilancia ambiental

Titular: Domiberia, S.L.

Núm. rexistro AAI: 2008/0155_NAA/IPPC_208

Localización: concello de Vigo (Pontevedra)

Instalación: planta de almacenamento e valorización de residuos

Procedemento: modificación non substancial

Titular: Sertego Servicios Medioambientales, S.L.U.

Núm. rexistro AAI: 2010-IPPC-1029-255

Localización: concello de Lalín

Clave expediente: 2021-IPPC-M-81

Instalación: planta de produción de clínker e cemento

Procedemento: modificación do plan de vixilancia ambiental

Titular: Cementos Cosmos, S.A.

Localización: concello de Sarria (Lugo)

Expediente: 2005/0057

Instalación: centro de tratamento de residuos As Somozas

Procedemento: corrección de erros

Titular: Somozas Valorización de Lodos-Biogás, S.L. (Sologas)

Núm. rexistro AAI: 2012-IPPC-35-260

Localización: concello das Somozas (A Coruña)

Instalación: matadoiro avícola con planta de tratamento e transformación de produtos cárnicos e planta de incineración de galiñaza

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Cooperativas Orensanas, S.C.G. (Coren)

Núm. rexistro AAI: 2007/0081_NAA/IPPC_143

Situación: concello de Ourense

Expediente núm. 2020-IPPC-M-58

Instalación: centro de transferencia de residuos

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Safety Kleen España, S.A.

Núm. rexistro AAI: 2014-IPPC-68-282

Localización: concello de Santiago de Compostela (A Coruña)

Expediente: 2021-IPPC-M-68

Instalación: fábrica de automóbiles. Centro de Vigo de Stellantis

Procedemento: modificación da autorización ambiental integrada

Titular: Peugeot Citroën Automóviles España, S.A.

Núm. rexistro AAI: 2005/0233_NAA/IPPC_014

Localización: concello de Vigo (Pontevedra)

Expediente: 2005/0233

Instalación: planta de valorización e almacenamento de residuos perigosos e non perigosos

Procedemento: modificación do plan de vixilancia da autorización ambiental integrada

Titular: Galiza Verde, S.L.

Núm. rexistro AAI: 2014-IPPC-45-277

Localización: concello de Padrón (A Coruña)

Estas resolucións poderán consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático