Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 17 de novembro de 2021 Páx. 56548

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 3 de novembro de 2021 polo que se notifican os requirimentos de emenda das solicitudes relativas ao procedemento de cesión temporal de predios do Banco de Terras de Galicia.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas interesadas que se indican no anexo deste anuncio os requirimentos de emenda das solicitudes relativas ao procedemento de cesión temporal de predios do Banco de Terras de Galicia.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU).

A persoa interesada pode coñecer o texto íntegro da resolución nas dependencias da Agader (lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela), desde as 9.00 ata as 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2021

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega
de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente

Procedemento

DNI da persoa interesada

Acto que se notifica

20141500208-2020-10863

Cesión temporal de predios do Banco de Terras de Galicia

X7401101T

Requirimento de emenda da solicitude de cesión temporal de predios

20131500222-2020-10865

Cesión temporal de predios do Banco de Terras de Galicia

X7401101T

Requirimento de emenda da solicitude de cesión temporal de predios

20141500239-2020-10629

Cesión temporal de predios do Banco de Terras de Galicia

Y2749398S

Requirimento de emenda da solicitude de cesión temporal de predios