Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 17 de novembro de 2021 Páx. 56556

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2021 pola que se acorda a publicación do emprazamento a todas as persoas que vaian concorrer ás probas selectivas convocadas pola Resolución do 15 de xullo de 2021 para cubrir prazas da escala auxiliar, subgrupo C2, pola quenda de acceso libre, vacantes no cadro de persoal funcionario.

Pola Resolución reitoral do 10 de novembro de 2021 remitirase ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela o expediente administrativo relativo ao procedemento de dereitos fundamentais nº 393/2021, interposto por Wenceslao Alonso Nieto, contra a Resolución do 15 de xullo de 2021 pola que se convocan probas selectivas para cubrir prazas da escala auxiliar, subgrupo C2, pola quenda de acceso libre, vacantes no cadro de persoal funcionario, e o emprazamento das persoas que aparezan como interesadas nel e que poidan resultar afectadas pola sentenza xudicial que se dite no seu día.

En aplicación do artigo 116 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, emprázanse todos os interesados para que poidan comparecer no procedemento de referencia no prazo de cinco días, contados desde esta publicación, co fin de que acudan, se o consideran conveniente para os seus dereitos, mediante avogado e procurador ou valéndose tan só de avogado con poder para estes efectos, co obxecto de poderen formular no devandito recurso cantas alegacións coiden oportunas, coa prevención de que, se non compareceren dentro do aludido prazo, recaerán sobre eles os prexuízos correspondentes en dereito.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2021

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela