De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos de acceso convocados mediante resolución desta universidade, do 13 de maio de 2021 (DOG do 28 de maio), e presentada polas persoas propostas a documentación a que fai referencia a base 7ª da convocatoria, esta reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (BOE do 24 de decembro), modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.
Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión por parte das persoas interesadas, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).
Vigo, 3 de novembro de 2021
Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo
ANEXO
Código: |
CD2001-C11-755-DO-TC-01 |
Corpo: |
profesor/a contratado/a doutor/a |
Área de coñecemento: |
A0755 Química Física |
Departamento: |
D00C11 Química Física |
Centro de traballo: |
101 Facultade de Ciencias |
DNI: |
***9721** |
Nome e apelidos: |
Gonzalo Astray Dopazo |
Código: |
CD2001-C11-755-DO-TC-02 |
Corpo: |
profesor/a contratado/a doutor/a |
Área de coñecemento: |
A0755 Química Física |
Departamento: |
D00C11 Química Física |
Centro de traballo: |
101 Facultade de Ciencias |
DNI: |
***2489** |
Nome e apelidos: |
Laura Estévez Guiance |
Código: |
CD2001-T04-555-DO-TC-01 |
Corpo: |
profesor/a contratado/a doutor/a |
Área de coñecemento: |
A0555 Enxeñería Química |
Departamento: |
D00T04 Enxeñaría Química |
Centro de traballo: |
312 Escola de Enxeñaría Industrial |
DNI: |
***1209** |
Nome e apelidos: |
Emilio Rosales Villanueva |