Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 16 de novembro de 2021 Páx. 56360

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2021 pola que se resolve a convocatoria da Orde do 22 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2020/21 (código de procedemento ED322A).

Mediante a Orde do 22 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2020/21, aprobáronse as bases desta convocatoria.

De acordo co establecido no artigo 10 desta convocatoria, as solicitudes foron revisadas pola comisión avaliadora nomeada na antedita orde, que acordou a exposición da listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas, podendo as persoas interesadas formular, no prazo de dez días, as reclamacións ou emendar as carencias ou deficiencias detectadas na documentación achegada ante a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional.

Finalizado este prazo, e de acordo co establecido no artigo 13 das bases da convocatoria, e atendendo á proposta elevada pola antedita comisión avaliadora a través da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder axudas de mobilidade complementarias, no marco do programa comunitario Erasmus+, ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia, que se relaciona no anexo I desta resolución e pola contía que se especifica.

As axudas aboaranse na conta bancaria indicada pola persoa interesada, unha vez acreditado, mediante certificación, que se encontra ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Segundo. O incumprimento total ou parcial, por parte das persoas beneficiarias, de calquera das condicións establecidas na Orde do 22 de abril de 2021 (DOG do 6 de maio) constituirá causa determinante de revogación da axuda e do seu reintegro polas persoas beneficiarias ou solicitantes, segundo o disposto no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Terceiro. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2021

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade
P.D. (Orde do 9.2.2021)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Universidade

ANEXO I

Proposta de concesións

Apelidos

Nome

Centro educativo

Contía

Almeida Santos Miragaia

Rita Clara

Conservatorio Superior de Música de Vigo

2.985 €

Alonso Quintas

Cristian

Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo

2.160 €

Ardións Liñares

Xián

Conservatorio Superior de Música da Coruña

2.160 €

Bracho Díaz

Julio César

Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso

1.380 €

Collazo Dosantos

Tamara

Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo

2.985 €

Fabeiro Pardal

Catuxa

Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

2.125 €

Garrido Alonso

Sonia

Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

1.625 €

Gómez García

Alicia

Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo

2.325 €

Iglesias González

Sandra

Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso

1.750 €

Lumbreras Teijieiro

José

Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

1.780 €

Monteagudo Roma

Silvia

Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo

1.825 €

Peiteado Iglesias

Andrea

Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

2.625 €

Rodríguez Rivero

Patricia

Conservatorio Superior de Música de Vigo

2.160 €

Segade Bello

Javier

Conservatorio Superior de Música da Coruña

2.485 €

Seijas Santos

Rosana

Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo

2.325 €

Soto González

Brenda

Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo

1.995 €

Suárez Iglesias

Fernando

Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo

2.325 €

Villarroel Peralta

Julia Fernanda

Conservatorio Superior de Música de Vigo

2.985 €

Contía total:

40.000 €