Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Luns, 15 de novembro de 2021 Páx. 56238

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monforte de Lemos

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle para fixación de aliñacións na rúa Vigo-O Casar.

Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión ordinaria do 25 de outubro de 2021, o estudo de detalle presentado por David Rodríguez González para fixación de aliñacións na rúa Vigo-O Casar de Monforte de Lemos, exponse ao público, para os efectos de información pública e audiencia aos interesados, polo prazo dun mes contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante os cales poderán presentarse reclamacións ou suxestións, de conformidade co previsto no artigo 80 da Lei do solo de Galicia.

Monforte de Lemos, 3 de novembro de 2021

José Tomé Roca
Alcalde