Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 12 de novembro de 2021 Páx. 55847

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 21 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa da infraestrutura gasística denominada Ampliación da rede DN 6” e nova acometida 6” de gas natural a Sarval Bio-Industries Noroeste en MOP 16 bar, nos termos municipais da Coruña e Arteixo, promovido por Nedgia, S.A. (expediente IN627A 2021/7-1).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos e no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionaria: empresa Nedgia, S.A. con CIF nº A66560152, e con enderezo para os efectos de notificación en rúa Lisboa-Ediicio Área Central, local 31-H-I-J, 15707 Santiago de Compostela, provincia da Coruña.

Obxecto da petición: o proxecto contempla a execución dunha ampliación da rede DN 6” unha nova acometida 6” de gas natural a Sarval Bio-Industries Noroeste en MOP 16 bar e unha lonxitude de 2.406 metros no termos municipais da Coruña e Arteixo (A Coruña).

• Ampliación da rede de aceiro DN 6” en MOP 16 bar cuia conexión inicial se producirá desde a rede existente RAA-I015.1 en aceiro 4” na estrada de bens, no termo municipal da Coruña.

• Acometida de aceiro DN 6” en MOP 16 bar a Sarval Bio-Industries Noroeste, situado no lugar San Martín de Suevos, s/n, no termo municipal de Arteixo (A Coruña).

• Instalacións auxiliares:

• Válvula da rede de DN 6”.

• Válvula de acometida de DN 6”.

• Sistema de protección catódica.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións, no prazo de 20 días a partir da data da última publicación deste anuncio.

A documentación estará ao dispor dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Segunda da Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou nos teléfonos 981 18 49 70 e 981 18 49 38). Tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Empresa e Innovación: https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-gas

A Coruña, 21 de outubro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña