Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 12 de novembro de 2021 Páx. 55894

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 28 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se fai público o recoñecemento como organización de produtores pesqueiros da organización empresarial denominada Organización Empresarial Parquistas de Carril.

Por Resolución do 18 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, pola que se recoñece a Organización Empresarial Parquistas de Carril como organización de produtores pesqueiros de ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, para o sector da acuicultura, segmento da acuicultura mariña.

En virtude do disposto no artigo 8 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño, polo que se regulan as organizacións profesionais no sector dos produtos da pesca e da acuicultura, a Organización Empresarial Parquistas de Carril queda inscrita no Rexistro Xeral de Organizacións de Produtores Pesqueiros e Asociacións de Organizacións de Produtores Pesqueiros do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, co código e número seguinte: OPP-89.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2021

Mercedes Rodríguez Moreda
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica