Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 11 de novembro de 2021 Páx. 55675

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2021 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes á realización do segundo exercicio do proceso selectivo para cubrir unha praza na categoría profesional de técnico/a especialista en actividades culturais, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 27 de maio de 2021 (Diario Oficial de Galicia do 8 de xuño e Boletín Oficial del Estado do 17 de xuño), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional técnico/a especialista en actividades culturais, grupo III, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 14 de setembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia do 24 de setembro), aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaran a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas para realizar o segundo exercicio da fase de oposición, o día 15 de xaneiro de 2022, ás 10.00 horas, na aula C11 da Facultade de Filoloxía, Campus Norte (avenida de Castelao, s/n, Santiago de Compostela).

A publicación dos sucesivos anuncios de celebración dos demais exercicios efectuarase polo tribunal, nos locais onde se realizara a proba anterior, no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web:

http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo de un mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2021

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela