Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 11 de novembro de 2021 Páx. 55723

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación dos estatutos sociais da entidade Cooperativa de Trabajadores Panaderos Comunitarios de San José de Rois.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Cooperativa de Trabajadores Panaderos Comunitarios de San José de Rois, acordada na Asemblea Xeral do 10 de maio de 2021, no Rexistro Provincial da Coruña. O seu novo capital social é de 3.300,00 euros. A súa nova denominación é Panadería San José de Rois, S. Coop. Galega.

A Coruña, 21 de outubro de 2021

Judit Fontela Baró
Xefa territorial da Coruña