Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 10 de novembro de 2021 Páx. 55620

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Miño

ANUNCIO de aprobación das bases que rexerán a convocatoria do proceso selectivo para o ingreso no corpo de administrativos/as pola quenda de promoción interna, subgrupo C1, da escala de Administración xeral, subescala administrativa.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 203, do 25 de outubro de 2021, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para a cobertura definitiva de dúas prazas reservadas a persoal funcionario de carreira da escala de Administración xeral, subescala administrativa, denominación administrativo/a, integradas no grupo C, subgrupo C1, incluídas na oferta de emprego público do ano 2020, pola quenda de promoción interna.

Miño, 3 de novembro de 2021

Manuel Vázquez Faraldo
Alcalde