Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 10 de novembro de 2021 Páx. 55613

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO de exposición pública da proposta de estrutura de custos do servizo de limpeza viaria e recollida de residuos.

Elaborouse a estrutura de custos do servizo de limpeza viaria e recollida de residuos do Concello de Ferrol (A Coruña), polo que, ao abeiro do previsto no artigo 9, punto 7, letra c), do Real decreto 55/2017, do 3 de febreiro, polo que se desenvolve a Lei 2/2015, do 30 de marzo, de desindexación da economía española, sométese ao trámite de información pública por un prazo de 20 días, durante os cales os/as interesados/as no presente expediente poderán formular as alegacións que consideren oportunas.

Por outra banda e ao abeiro do disposto no artigo 83.2 da Lei 39/215, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o expediente de estrutura de custos ponse á disposición das persoas interesadas na sede electrónica do Concello de Ferrol (www.ferrol.gal).

Proposta de estrutura de custos do servizo de limpeza viaria e recollida de residuos do Concello de Ferrol.

– O cálculo do período de recuperación do investimento, ao abeiro do previsto no Real decreto 55/2017, do 3 de febreiro, dá como resultado un período de 9 anos.

– A proposta de estrutura de custos do servizo de recollida de residuos e limpeza viaria do Concello de Ferrol foi elaborado baixo criterios técnicos, desde a proximidade á realidade do servizo e contrastada coas estruturas de costos presentadas polos cinco operadores económicos que deron resposta ao requirimento do Concello. Por isto, proponse unha estrutura baseada no estudo económico realizado polo Concello, que é o que máis se axusta á idiosincrasia real do servizo.

Polo tanto, a estrutura considérase axeitada para tomar como referencia no establecemento do réxime de revisión de prezos que figurará prevista nos pregos que rexerán o futuro contrato do servizo de recollida de residuos e limpeza viaria do Concello de Ferrol.

Estrutura de custos simplificada

Concepto

% (s/total)

Persoal

58,42 %

Custos de mantemento de vehículos, maquinaria e combustible

17,78 %

Non revisable

23,80 %

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 5 de novembro de 2021

Ángel Mato Escalona
Alcalde