Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 10 de novembro de 2021 Páx. 55611

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle para a ordenación volumétrica dun equipamento de benestar social e asistencial público na rúa Castaño de Eirís, 1D, A Coruña (expediente 631/2021/188).

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 13 de outubro de 2021, acordou aprobar inicialmente o documento do estudo de detalle para a ordenación volumétrica dun equipamento de benestar social e asistencial público, situado na rúa Castaño de Eirís 1D, CP 15009 Eirís, A Coruña, de setembro de 2021, redactado pola arquitecta Elsa Urquijo Gómez, colexiada nº 2225 do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, e promovido pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia; dar por desistido da tramitación o estudo de detalle para a ordenación volumétrica dun equipamento de benestar social e asistencial público, documento para a aprobación definitiva. Situación: rúa Castaño de Eirís 1D, CP 15009 Eirís, A Coruña, de xuño de 2021, co número de expediente EDD-4/20, 631/2020/224, e declarar concluso o procedemento.

En cumprimento do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e dos artigos 194.2 e 207 do seu regulamento, sométese o expediente á información pública polo prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que procedan.

A documentación estará á disposición no taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello, no punto de información urbanística, na web de Urbanismo e no visor Desenvolvemento do planeamento. Tamén se poderá consultar fisicamente nas dependencias de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade do Concello da Coruña (praza de Indalecio Prieto 1-3), das 9.00 ás 13.00 horas, logo de cita que se solicitará por escrito no Rexistro Municipal ou se dirixirá a registrourbanismo@coruna.es

A Coruña, 26 de outubro de 2021

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3847, do 27.6.2019)
María Hernández García
Directora da Área de Urbanismo