Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 10 de novembro de 2021 Páx. 55528

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2021 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión dunha praza mediante o sistema de libre designación.

De conformidade co establecido nos artigos 88 e 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 52 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, do regulamento xeral de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e demais normativa de procedente aplicación, e no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro, e da delegación de competencias operada pola Resolución reitoral do 14 de xaneiro de 2020, esta xerencia

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I.

Segundo. Poderán concorrer a ela todos/as os/as funcionarios/as que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes, que irán dirixidas ao xerente da Universidade da Coruña, empregarán o modelo que consta como anexo II a esta convocatoria. A presentación das solicitudes farase no Rexistro Xeral da Universidade da Coruña (Edificio da Reitoría, rúa da Maestranza, 9, 15001 A Coruña), nos rexistros auxiliares (Campus da Zapateira, A Coruña e Edificio de Usos Administrativos no Campus de Esteiro, Ferrol), ou nas restantes formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince días contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Á solicitude xuntaráselle un currículo en que se especifiquen os méritos, que se acreditarán documentalmente.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 28 de outubro de 2021

Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO I

Nº de posto

Denominación

Centro

Tipo

Grupo

Compl. destino

Compl.

específ.

Forma

provisión

33

Xefatura de sección de protocolo

Secretaría Xeral

S

A1/A2/C1

25

1.030,64 €

Libre designación

Requisitos: funcionarios/as de carreira dos grupos que se indican para o posto, con destino definitivo na Universidade da Coruña.

ANEXO II

Apelidos

Nome

NIF

Data nacemento

Corpo ou escala

Grupo

Nº rexistro persoal

Enderezo

Localidade

Provincia

Teléfono fixo

Teléfono móbil

Enderezo electrónico

Posto que solicita

Destino actual

Departamento

Organismo

Localidade

Solicito ser admitido/a ao concurso convocado pola Resolución reitoral da Universidade da Coruña, do 28 de outubro de 2021, para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto que más arriba relaciono.

A Coruña, _________de_______________________de 2021

(Sinatura do/da solicitante)

Xerente da Universidade da Coruña