Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 10 de novembro de 2021 Páx. 55573

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 27 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o trámite de audiencia do expediente sancionador por infracción na orde social 2008/11.

De conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á empresa que a continuación se relaciona o trámite de audiencia no expediente sancionador por infracción na orde social (materia: seguridade e saúde), porque, intentada a notificación por vía electrónica e mediante o servizo de Correos, esta non se puido efectuar.

O interesado dispón dun prazo de oito días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para solicitar copia da documentación do expediente que estime oportuna, facilitando previamente a documentación acreditativa da representación legal que ten na empresa ou presentarse debidamente acreditado ante a Xefatura Territorial da Consellería de Emprego e Igualdade en Lugo, para efectos de que poida formular novas alegacións á vista do expediente, que deberá presentar no prazo de tres días hábiles desde o envío, de ser o caso, da copia da documentación do expediente ou da data da súa comparecencia, e o expediente sancionador quedará visto para a proposta de resolución.

O expediente relacionado encóntrase á disposición do interesado no Servizo de Emprego e Economía Social da citada Xefatura Territorial da Consellería de Emprego e Igualdade en Lugo, sito na Rolda da Muralla, 70, planta baixa, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Expediente: RL 2008/11.

Data do trámite de audiencia: 15 de outubro de 2021.

Empresa responsable solidaria: Maga Grúas Coruña, S.L.

Enderezo: lg. Pazos, 77-D, 15160 Sada (A Coruña).

Lugo, 27 de outubro de 2021

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo