Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 9 de novembro de 2021 Páx. 55337

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Deporte Galego

ANUNCIO da convocatoria de axudas a deportistas galegos/as de alto nivel (axudas DGAN 2021).

A Fundación Deporte Galego, tendo en conta que o seu obxecto social comprende o fomento do deporte de alta competición, convoca as axudas a deportistas galegos/as de alto nivel (axudas DGAN 2021).

As persoas deportistas solicitantes interesadas presentarán a solicitude (anexo I) preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en formato papel orixinal no Rexistro da Fundación Deporte Galego (r/ Madrid, 2-4, 2º (As Fontiñas), 15781 Santiago de Compostela), ou en calquera rexistro oficial previsto no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para a presentación das solicitudes de forma electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), para o cal se habilita unha ligazón na Guía de procedementos e servizos co código PR961A.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contando desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houber día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

As bases poderanse consultar na sede da Fundación Deporte Galego, no enderezo sinalado anteriormente ou na web https://deporte.xunta.gal/ e no teléfono 881 99 63 73.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2021

José Ramón Lete Lasa
Presidente da Fundación Deporte Galego