Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 9 de novembro de 2021 Páx. 55011

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 25 de outubro de 2021 polo que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 6 de novembro de 2020 ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/100/2014-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 24 de setembro de 2021, resolución pola que se desestima o recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 6 de novembro de 2020, ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/100/2014-RP1, polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, confirmando en consecuencia a resolución impugnada.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución ao interesado con documento nacional de identidade número 20183404F, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que é definitiva en vía administrativa, o interesado pode interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística