Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 9 de novembro de 2021 Páx. 54979

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 25 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se convocan os interesados ao acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 220 kV Atios-Montouto, tramo subestación Atios-apoio 13, no concello do Porriño.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 220 kV Atios-Montouto, tramo subestación Atios-apoio 13, no concello do Porriño, segundo o calendario e horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 25 de outubro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2018/321-4.

Entidade beneficiaria: Red Eléctrica de España, S.A.U.

Denominación da instalación: LAT 220 kV Atios-Montouto, tramo subestación Atios-apoio 13.

Concello: O Porriño.

Predio

Referencia catastral

Titular

Data

Hora

33

50

57

77

36039A02600274

36039A02600255

36039A02600316

36039A02500241

Manuel Besada Morais

Manuel Besada Morais

Manuel Besada Morais

Manuel Besada Morais

18 de novembro de 2021

18 de novembro de 2021

18 de novembro de 2021

18 de novembro de 2021

10.00

10.00

10.00

10.00