Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 9 de novembro de 2021 Páx. 54982

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 25 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación do traslado de follas de valoración por expediente de expropiación no concello de Narón (expediente IN407A 2019/244-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Soterramento LMT DC CRN704B-707, entre apoio D8-4E CR Lagoas, no concello de Narón (expediente IN407A 2019/244-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

O texto íntegro das referidas follas de valoración está ao dispor das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Coruña, situada no Edificio Administrativo Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Expropiacións (solicitando cita previa no teléfono de contacto 981 18 49 11), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As ditas persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitaren a remisión das correspondentes valoracións ao enderezo que sinalen.

Transcorrido o prazo de dez (10) días indicado no parágrafo anterior sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 25 de outubro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2019/244-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: soterramento LMT DC CRN704B-707, entre apoio D8-4E CR Lagoas.

Concello: Narón.

Predio

Parcela

Polígono

Lugar

Titularidade proposta

1

38

30

Arriba

Descoñecida