Pola Resolución da Axencia Galega de Innovación do 25 de maio de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 108, do 9 de xuño) convocáronse as subvencións para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia.
No seu artigo 12 regúlanse a resolución e notificación destas axudas unha vez que a Comisión de Valoración avalíe as solicitudes admitidas e emita un informe no cal se concrete o resultado da avaliación efectuada e a contía da axuda proposta, conforme os criterios establecidos no seu artigo 10.
Na súa virtude, e atendendo á proposta elaborada na sesión do 27 de outubro de 2021 pola Comisión de Valoración establecida no artigo 9 das bases da Resolución do 25 de maio de 2021, a Axencia Galega de Innovación
RESOLVE:
1. Conceder as axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia que a continuación se relacionan, polos importes que se indican:
Expediente administrativo |
Entidade beneficiaria |
Acrónimo |
NIF |
Importe axuda 2021 |
Importe axuda 2022 |
Total axuda (€) |
IN845A-1 |
Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste-Centro tecnolóxico AIMEN |
AIMEN |
G36606291 |
642.914,89 |
495.962,94 |
1.138.877,83 |
IN845A-2 |
Fundación Centro Gallego de Investigaciones del Agua |
CETAQUA |
G70312020 |
152.887,86 |
117.942,05 |
270.829,91 |
IN845A-3 |
Fundación para la promoción de la Inn., Inv. y Des. Tec. en la industria de automoción de Galicia |
CTAG |
G36871424 |
631.723,88 |
487.329,85 |
1.119.053,73 |
IN845A-4 |
Cluster da acuicultura |
CETGA |
G36884260 |
187.023,68 |
144.275,41 |
331.299,09 |
IN845A-5 |
Asoc. Nac. Ftes. conservas pescados y mariscos-Centro técnico Nac. conservación productos pesca |
ANFACO-CECOPESCA |
G36625309 |
425.783,20 |
328.461,33 |
754.244,53 |
IN845A-6 |
Fundación Centro Tecnológico de Investigación Multisectorial |
CETIM |
G70302427 |
361.976,75 |
279.239,20 |
641.215,95 |
IN845A-7 |
Fundación Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostibilidade Enerxética |
ENERGYLAB |
G27719913 |
255.685,15 |
197.242,83 |
452.927,98 |
IN845A-8 |
Fundación Instituto Tecnológico de Galicia |
ITG |
G15305923 |
272.342,27 |
210.092,61 |
482.434,88 |
IN845A-9 |
Fundación Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia |
GRADIANT |
G36997229 |
569.662,32 |
439.453,78 |
1.009.116,10 |
2. O importe total das axudas concedidas para un marco temporal de 2 anos finánciase con cargo á aplicación orzamentaria que se recolle no seguinte cadro:
Aplicación orzamentaria |
2021 |
2022 |
Importe total |
06.A2.561A.781.0 |
3.500.000,00 |
2.700.000,00 |
6.200.000,00 |
3. Para a xustificación da subvención deberá presentarse a documentación indicada no artigo 19 da resolución de convocatoria nos prazos establecidos no artigo 20 da mesma.
4. Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, perante o presidente da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Disposición derradeira
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2021
Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación