Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 8 de novembro de 2021 Páx. 54709

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 22 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se lle notifica ao interesado a solicitude de declaración de utilidade pública do proxecto do parque eólico Bretoña (expediente IN408A 2020/107).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio emprázase a persoa interesada que figura no anexo para ser notificada por comparecencia.

Así mesmo, infórmase de que o expediente correspondente á instalación de referencia está á súa disposición durante un prazo de trinta (30) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Lugo, na rolda da Muralla, núm. 70, 2º baixo (Servizo de Enerxía e Minas). Debido ao protocolo de medidas preventivas fronte ao coronavirus nos servizos de rexistro e atención á cidadanía, todas aquelas persoas que soliciten acudir a estas dependencias poderán facelo previa cita cita obtida no teléfono 982 87 90 88.

O proxecto tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación na seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/bretona

Lugo, 22 de outubro de 2021

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN408A 2020/107.

Denominación: parque eólico Bretoña.

Concellos de Riotorto e A Pastoriza (Lugo).

Afeccións en m2.

Acto notificado: notificación declaración utilidade pública.

Predio

Interesada

Pol.

Parc.

Lugar

Cultivo

Vial/vial-gabia

6

Fe Muíña Fernández

2

151

Carracedo

Monte alto

332