Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 8 de novembro de 2021 Páx. 54707

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 21 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunica a data de ocupación e o requirimento das follas de valoración nun expediente de expropiación no concello do Carballiño (expediente IN407A 2021/13-3 AT).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante este anuncio, infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMT ALB803 apoio nº D-38-8, expediente IN407A 2021/13-3 AT, no concello do Carballiño, correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ourense, 21 de outubro de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado
ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2021/13-3 AT.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Regulamentación LMT ALB803 apoio nº D-38-8.

Concello: O Carballiño.

Predio

Lugar

Referencia catastral

Incidencia

Data ocupación

1

Monte Queimado

32020A037014220000RP

Descoñecido

20.10.2021