Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 8 de novembro de 2021 Páx. 54700

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 8 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a solicitude das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de San Cibrao das Viñas (expediente IN407A 2021/137-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, nº 77, 28033 Madrid.

Denominación: LMTS, CTC e RBT Pazos de San Clodio (San Cibrao das Viñas).

Situación: lugar de Pazos de San Clodio, concello de San Cibrao das Viñas.

Características principais recollidas no proxecto:

– LMTS a 20 kV con E/S en CT proxectado, en condutor tipo RHZ1-2 OL 12/20 kV, 3 (1×240 Al), con orixe nos empalmes proxectados na LMTS SCV812 (expediente IN407A 2016/15-3) e final no CTC proxectado.

– CTC proxectado, centro de transformación de tipo prefabricado compacto con envolvente de formigón, manobra exterior, con celas 2L+1P, e telecontrolado GSM/GPRS/FO. Illante de aceite mineral.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución asinado polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado nº 2233 do Coeticor, en Ourense, o 28 de xaneiro de 2021.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público, para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran nas relacións anexas a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación pódese examinar nesta xefatura territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, nº 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 8 de outubro de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Nº de expediente: IN407A 2021/137-3.

Termo municipal: San Cibrao das Viñas.

Denominación da instalación: LMTS, CTC e RBT Pazos de San Clodio (San Cibrao das Viñas).

Predio núm.: 1.

Lugar: Lameiro da Canella.

Cultivo: prado.

Referencia catastral: 32076A014000520000UG.

Titular: Antonio Cid García.

Afección: superficie 17 m2 de ocupación para o CT.