Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 8 de novembro de 2021 Páx. 54727

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 21 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de suspensión do procedemento sancionador por vía penal do expediente PSC-FE-0180/2020-PPM e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que a continuación se relacionan a suspensión do procedemento sancionador por vía penal do expediente PSC-FE-0180/2020-PPM e tres máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución dos expedientes, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c), da mesma lei.

A Coruña, 21 de outubro de 2021

María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0180/2020-PPM

76418758Q

Suspensión do procedemento sancionador por vía penal

R/ Camiño das Salgueiras, 246, Chanteiro, Ares

PSC-FE-0181/2020-PPM

45849270N

Suspensión do procedemento sancionador por vía penal

R/ Fernando III O Santo, 2, 2º C, Santiago Compostela

PSC-FE-0167/2021-PPM

32721460G

Suspensión do procedemento sancionador por vía penal

R/ Enrique Granados, ptl.13, baixo dta., Ferrol

PSC-FE-0168/2021-PPM

32718537W

Suspensión do procedemento sancionador por vía penal

Rúa Paz, 3, baixo C, Ares