Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 5 de novembro de 2021 Páx. 54301

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ANUNCIO do 20 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo (procedemento ordinario 0000381/2021) interposto pola Asociación Nacional de Editores de Libros e Material de Ensino (ANELE).

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo procedemento ordinario 0000381/2021, interposto pola Asociación Nacional de Editores de Libros e Material de Ensino (ANELE), contra a Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial nos centros docentes sostidos con fondos públicos, no curso 2021/22.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no procedemento ante a Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2021

Jesús Manuel Álvarez Bértolo
Director xeral de Centros e Recursos Humanos