Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 5 de novembro de 2021 Páx. 54283

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 8 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a solicitude das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Avión (expediente IN407A 2021/136-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: regulamentación LMTA ALB801 apoios números 83-60-8 e 83-60-11.

Situación: concello de Avión.

Características principais recollidas no proxecto:

– Substitución de 5 apoios de tipo HV (apoios núms.: 83-60-8, 83-60-9, 83-60-10, 83-60-11 e 83-60-12) por apoios de celosía metálica de tipo C-14/1000 e C-14/2000, por deterioración/inadecuados ás novas condicións na LMT ALB801, con cambio de condutor LA-30 por LA-56. A reforma ten a súa orixe no apoio nº 83-60-7 de tipo HV-15/1600 e remate no apoio nº 83-60-13 de tipo C-12/1000.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado nº 1534 do ICOIIG, en Ourense, o 5 de marzo de 2021.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público, para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran nas relacións anexas a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación pódese examinar nesta xefatura territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, nº 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 8 de outubro de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2021/136-3.

Termo municipal: Avión.

Denominación da instalación: regulamentación LMTA ALB801 apoios número 83-60-8 e 83-60-11 (Avión).

Predio núm.: 1.

Lugar: Porca.

Cultivo: prado.

Referencia catastral: 32005A501003630000DK.

Titular: Dolores Muleiro Casado.

Afección: superficie 2 m2 de ocupación para o apoio 83-60-8.

Predio núm.: 2.

Lugar: Viñas.

Cultivo: matogueira.

Referencia catastral: 32005A501052060000DP.

Titular: descoñecido.

Afección: superficie 2 m2 de ocupación para o apoio 83-60-9.

Predio núm.: 3.

Lugar: Pota Estévez.

Cultivo: prado.

Referencia catastral: 32005A501005110000DG.

Titular: Manuel Balboa Gandarela.

Afección: superficie 2 m2 de ocupación para o apoio 83-60-10.