Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 5 de novembro de 2021 Páx. 54323

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 8 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se fai pública a resolución pola que se outorgou o permiso e concesión de actividade para un establecemento de acuicultura (criadeiro de moluscos) na Estibada da Marta, O Freixo, termo municipal de Outes (A Coruña).

En cumprimento do establecido no artigo 19 do Decreto 274/2003, do 4 de xuño, polo que se regula o procedemento de obtención do permiso e concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre, faise público que mediante a Resolución do 7 de outubro de 2021 se outorgou o permiso e concesión de actividade para a instalación do establecemento de acuicultura en zona terrestre que se describe:

Tipo de establecemento: criadeiro de moluscos.

Titular: Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia (G15030844).

Prazo de outorgamento: dez anos, prorrogables por iguais períodos, ata un máximo de corenta anos.

Localización: Estibada da Marta, O Freixo, termo municipal de Outes (A Coruña).

Especies autorizadas: ameixa fina, ameixa babosa e ostra plana.

O informe de impacto ambiental do proxecto fíxose público mediante a Resolución do 2 de xuño de 2005, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 144, do 28 de xullo.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2021

Mercedes Rodríguez Moreda
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica