Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 5 de novembro de 2021 Páx. 54318

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 15 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, polo que se notifican os actos administrativos relativos ao procedemento BS403B (expediente 2021-00004192 e seis máis).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación dos actos que se relacionan no anexo I sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanse a través deste anuncio os requirimentos de emenda e mellora das solicitudes que inician o procedemento ao abeiro da Orde do 28 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nados/as, adoptados/as ou declarados/as en situación de garda con fins adoptivos no ano 2021, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403B), publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 11, do 19 de xaneiro de 2021.

Para os efectos, emprázanse as persoas interesadas que figuran no dito anexo I, por si ou a través dos seus representantes legais, para que comparezan no prazo máximo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Conciliación Familiar da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo San Caetano, 8B, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, onde terán á súa disposición os expedientes para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica e efectuar a emenda e mellora das solicitudes, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Se a persoa interesada non comparece no dito prazo, a notificación entenderase producida o día do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que, de non faceren a emenda no prazo de dez días contado desde o día seguinte ao da notificación do requirimento, practicada por comparecencia, teranse por desistidas das solicitudes, logo da resolución ditada ao abeiro do disposto nos artigos 21 e 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2021

Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO I

Solicitudes suxeitas a emenda de documentación (procedemento BS403B)

Persoa interesada

DNI/NIE/pasaporte

Nº de expediente

Acto que se notifica

e data

Documentación

que hai que presentar

54703611C

BS403B-2021-00004192

Requirimento do 17.8.2021

D.2

79340861S

BS403B-2021-00004269

Requirimento do 17.8.2021

D.5

78811196V

BS403B-2021-00005070

Requirimento do 6.9.2021

D.1

78789631A

BS403B-2021-00005725

Requirimento do 9.9.2021

D.10

44818580K

BS403B-2021-00005746

Requirimento do 9.9.2021

D.5

Luis Carlos de los Santos dos Santos

BS403B-2021-00005953

Requirimento do 9.9.2021

D.3, D.7, D.8 e D.10

Y8136645H

BS403B-2021-00006058

Requirimento do 9.9.2021

D.5

ANEXO II

Documentación requirida

Descrición do requirimento

D.1

Anexo I debidamente cuberto

D.2

Anexo II debidamente cuberto

D.3

Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante

D.4

Copia do DNI ou NIE ou pasaporte da persoa cónxuxe/parella

D.5

Copia do libro ou libros de familia da unidade familiar ou, de ser o caso, documentación acreditativa dos vínculos de parentesco da unidade familiar

D.6

Copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio ou da resolución xudicial

D.7

Xustificante de empadroamento da persoa solicitante

D.8

Certificado IRPF emitido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria da persoa solicitante

D.9

Certificado IRPF emitido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria da persoa proxenitora que non aparece como solicitante

D.10

Número de teléfono móbil para os efectos de activar a tarxeta Benvida

D.11

Acreditación da representación