Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 5 de novembro de 2021 Páx. 54314

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 14 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS611A (expediente 2021/4110-1 e sete máis).

Despois de tentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázase para proceder á notificación dos actos administrativos de citación ás persoas interesadas que se sinalan no dito anexo, ou ás súas persoas representantes debidamente acreditadas.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as ditas persoas interesadas, ou as súas persoas representantes debidamente acreditadas, poderán comparecer, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de dependencia e autonomía persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, sección de cualificación e valoración de discapacidades, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que, de non atender ao acto de citación, unha vez notificado por comparecencia, de acordo co disposto no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, unha vez transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar coa tramitación, producirase a caducidade do procedemento pola paralización imputable á persoa interesada, e acordarse o arquivamento das actuacións, logo da resolución que será notificada á dita persoa interesada.

A Coruña, 14 de outubro de 2021

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS611A

Expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

2021/4110-1

32844527K

Citación para o recoñecemento

21.9.2021

2021/3125-1

32844660Q

Citación para o recoñecemento

21.9.2021

2021/3135-1

32841259L

Citación para o recoñecemento

21.9.2021

2021/0710-1

32832743J

Citación para o recoñecemento

21.9.2021

2020/4079-1

51171674D

Citación para o recoñecemento

21.9.2021

2021/3039-1

79338029N

Citación para o recoñecemento

21.9.2021

2021/3043-1

33323124B

Citación para o recoñecemento

21.9.2021

2021/3419-1

46917181X

Citación para o recoñecemento

21.9.2021