Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 4 de novembro de 2021 Páx. 53925

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 6 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas para a contratación de técnicos e técnicas especialistas en organismos intermedios para o asesoramento a empresas en situacións conxunturais provocadas polo escenario económico da COVID-19, financiadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (código de procedemento TR332C).

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 20 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia (DOG) as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, finalidade da subvención, beneficiario e cantidade concedida.

En virtude do anterior, a persoa titular da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, por delegación da conselleira

RESOLVO:

Ordenar a publicación no DOG das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 09.40.322C.480.0, código de proxecto 2020 00089, ao abeiro da Orde do 6 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas para a contratación técnicos e técnicas especialistas en organismos intermedios para o asesoramento a empresas en situacións conxunturais provocadas polo escenario económico da COVID-19, financiadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (código de procedemento TR332C); DOG núm. 136, do 9 de xullo de 2020.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2021

Covadonga Toca Carús
Directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social

ANEXO

TR332C. Programa axudas para a contratación de persoas técnicas
especialistas en organismos intermedios 2020

Entidade beneficiaria

Concedido (2020) (euros)

Aplicación orzamentaria

Asociación Provincial de Reparación y Venta de Automóviles y Recambios (Aprevar)

13.500,00 €

09.40.322C.480.0

Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro (Cegasal)

13.500,00 €

09.40.322C.480.0

Asociación Autónoma de Empresarios de Talleres de Reparación de Vehículos Automóviles de la Provincia de Pontevedra (Atra)

13.500,00 €

09.40.322C.480.0

Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios y Autónomos del Municipio de Ribadeo (Acisa)

13.365,00 €

09.40.322C.480.0

Asociación Empresarial de Industriales y Comerciantes de la Zona Traviesas-Vigo (Aetravi)

13.230,00 €

09.40.322C.480.0

Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia (APE Galicia)

23.500,00 €

09.40.322C.480.0

Asociación de Desenvolvemento Rural Odega

11.500,00 €

09.40.322C.480.0

Asociación Sectorial Láctea e Agrícola Galega (Aselaga)

13.500,00 €

09.40.322C.480.0

Asociación Profesional Gandeiros de Lugo

11.500,00 €

09.40.322C.480.0

Asociación Sectorial Forestal Galega (Asefoga)

11.500,00 €

09.40.322C.480.0

Asociación Agrogandeira Ourensá

11.500,00 €

09.40.322C.480.0

Unión Leiteira Galega (Ulega)

11.500,00 €

09.40.322C.480.0

Federación Galega de Medio Ambiente (Fegama)

10.000,00 €

09.40.322C.480.0

Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos (Aden)

11.500,00 €

09.40.322C.480.0

Asociación de Empresarios de Deza

11.475,00 €

09.40.322C.480.0

Rede Galega de Empresas

13.500,00 €

09.40.322C.480.0

Asociación Clúster Xeotermia Galega (Acluxega)

13.500,00 €

09.40.322C.480.0

Fundación Santiago Centro-Área Comercial

13.500,00 €

09.40.322C.480.0

Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar)

11.610,00 €

09.40.322C.480.0

Asociación Empresarios de Mos (Aemos)

12.150,00 €

09.40.322C.480.0

Asociación Xóvenes Empresarios Provincia da Coruña

13.500,00 €

09.40.322C.480.0

Asociación para o Desenvolvemento Rural da Comarca de Lugo (ADR comarca de Lugo)

13.500,00 €

09.40.322C.480.0

Asociación Clúster del Naval Gallego

13.500,00 €

09.40.322C.480.0

Asociación Provincial Empresarios de la 1ª Transformación de la Madera de Lugo

26.595,00 €

09.40.322C.480.0

Asociación de Jóvenes Empresarios de Lugo (AJE Lugo)

13.500,00 €

09.40.322C.480.0

Federación Galega de Xoves Empresarios

13.500,00 €

09.40.322C.480.0

Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra (AJE Pontevedra)

13.500,00 €

09.40.322C.480.0

Asociación de Jóvenes Empresarios de Vigo y Mancomunidad

13.500,00 €

09.40.322C.480.0

Asociación Profesional de Empresas Medioambientales (Aproema)

13.500,00 €

09.40.322C.480.0

Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao

13.500,00 €

09.40.322C.480.0

Asociación Empresarial de Transporte de Mercadorías por Estrada de Galicia (Apetamcor)

40.500,00 €

09.40.322C.480.0

Federación Galega de Asociacións Empresariais e Profesionais e Profesionais de Transporte (Fegatrans)

37.000,00 €

09.40.322C.480.0

Asociación Jóvenes Empresarios de Ourense (AJE Ourense)

11.610,00 €

09.40.322C.480.0

Asociación de Jóvenes Empresarios de Ferrolterra, Eume y Ortegal

13.365,00 €

09.40.322C.480.0

Asociación Gallega de Trabajadores Autónomos y del Mar (Agtamar)

10.000,00 €

09.40.322C.480.0

Asociación Empresarios de Polígonos Industriais do Ceao e as Gándaras de Lugo

13.500,00 €

09.40.322C.480.0

Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais do Centro Comercial Aberto de Ourense

23.500,00 €

09.40.322C.480.0

Asociación Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra-Courel

13.500,00 €

09.40.322C.480.0

Asociación Rianxeira de Empresarios

10.000,00 €

09.40.322C.480.0

Federación Galega de Parques Empresariais

21.500,00 €

09.40.322C.480.0