Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 4 de novembro de 2021 Páx. 53917

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2021, da Subdirección Xeral de Plans e Programas da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes de solicitudes suxeitas a emenda e as solicitudes con motivo de inadmisión, presentadas ao abeiro da Resolución do 6 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2021 para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos (código de procedemento PR949A).

No Diario Oficial de Galicia número 179, do 16 de setembro de 2021, publicouse a Resolución do 6 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2021 para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos (código de procedemento PR949A). O prazo de presentación das solicitudes rematou o 18 de outubro de 2021.

Segundo o disposto na base 11ª do anexo I do Resolución do 5 de xaneiro de 2021, tras seren recibidas as solicitudes, o órgano instrutor revisará os expedientes e publicará no DOG e na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte (http://deporte.xunta.gal/) a relación de entidades que deben emendar as deficiencias das súas solicitudes e as inadmitidas para que os interesados poidan presentar alegacións ou achegar a documentación que consideren oportuna.

Tendo en conta as razóns de interese público motivadas na necesidade de facer efectivas a tramitación, resolución e pagamento da convocatoria e posibilitar a transferencia de fondos ás entidades beneficiarias, co obxectivo de posibilitar a adquisición do equipamento deportivo solicitado co fin de contribuír á modernización e actualización do material deportivo necesario para o adecuado exercicio da práctica deportiva de que dispoñen as citadas entidades no presente exercicio, faise preciso acordar a tramitación de urxencia na instrución do procedemento para os efectos de reducir os prazos á metade.

Tendo en conta o exposto, a Subdirección Xeral de Plans e Programas

RESOLVE:

Primeiro. Publicar a listaxe de solicitudes que se deberán emendar por presentaren a documentación incompleta ou con erros. Tal relación recóllese no anexo I desta resolución, ordenada alfabeticamente.

Segundo. Publicar a listaxe de solicitudes provisionalmente inadmitidas e o motivo da inadmisión. Tal relación recóllese no anexo II desta resolución, ordenada alfabeticamente. Tamén se sinala a necesidade de emendar a solicitude presentada, ademais do motivo de inadmisión.

Terceiro. Estas listaxes publicaranse no Diario Oficial de Galicia e exporanse tamén na páxina web http://deporte.xunta.gal/

Cuarto. Segundo o disposto no artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, acórdase a tramitación de urxencia na instrución do procedemento, tendo en conta as razóns de interese público motivadas na necesidade de facer efectivas a tramitación, resolución e pagamento da convocatoria e posibilitar a transferencia de fondos ás entidades beneficiarias, co obxectivo de posibilitar a adquisición do equipamento deportivo solicitado co fin de contribuír á modernización e actualización do material deportivo necesario para o adecuado exercicio da práctica deportiva de que dispoñen as citadas entidades no presente exercicio.

Quinto. Os interesados poderán formular reclamacións, emendar erros e achegar os documentos que entendan oportunos nun prazo de cinco (5) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Despois de que transcorra este prazo sen que se emenden as deficiencias, considerarase que o interesado desiste da súa petición, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e logo da correspondente resolución, nos termos previstos no seu artigo 21.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2021

Jorge Rubén Sampedro Grande
Subdirector xeral de Plans e Programas
da Secretaría Xeral para o Deporte

ANEXO I

Solicitudes con documentación pendente ou que precisa ser emendada

En motivo de emenda:

Anexo III

É necesario emendar anexo III

Anexo IV

Falta/é necesario emendar anexo IV

Anexo V

Falta/é necesario emendar anexo V

Anexo X

Falta a acreditación da representación (anexo X)

Entidade

NIF

Motivo

Ames Atletismo

G70594940

Anexo IV con data anterior á convocatoria

Club Alpino Manzaneda-Club Alpino Ourensán

G32010613

Anexo IV con data anterior á convocatoria

Club Arco Xeve

G94152352

Anexo IV con data anterior á convocatoria

Club Deportivo Lucus Rally

G16916603

Anexo IV e V sen asinar

Club Escuela Deportiva Cotobade

G36524411

Anexo IV e V

Anexo III incompleto

Federación Galega de Voleibol

V15067978

Anexo IV sen sinatura

ANEXO II

Solicitudes e motivo de inadmisión

En motivo de inadmisión:

AEAT

Non está ao día nas obrigas tributarias

Atriga

Débedas coa Axencia Tributaria de Galicia

SS

Non está ao día no cumprimento das obrigas fronte á Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou non presenta o certificado tras opoñerse á consulta

MNS

Material non subvencionable e/ou inferior ao gasto mínimo subvencionable

Non RED

A entidade non está inscrita no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia

Presentación sede electrónica

A solicitude non se presentou a través da sede electrónica polo procedemento PR949A

Base 3ª

Non reunir as condicións de persoa beneficiaria segundo o disposto na base 3ª do anexo I de la Resolución do 5 de xaneiro de 2021

**

Ademais dun motivo de inadmisión presenta algún motivo de emenda segundo o anexo I

Beneficiaria en 2021

Beneficiaria na primeira convocatoria de equipamentos deportivos de 2021

Os certificados da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e da Tesouraría Xeral da Seguridade Social (SS) que acheguen as entidades mencionadas na seguinte táboa para acreditar que se atopan ao día das súas respectivas obrigas deberán estar expedidos o mesmo día da sinatura desta resolución ou nunha data posterior.

Entidade

NIF

Motivo

A Estrada Futsal

G36308625

AEAT

Agrupación Deportiva e Cultural Abadinense de Veteranos

G27483213

MNS

Amegrove Club de Remo

G36037950

AEAT

As. Deportiva Sociedad Río Cabe

G27389907

Atriga

Asoc. Club de Balonmano Arousa

G94186038

AEAT

Asoc. de Cans Deportistas

G70135660

AEAT

Asoc. Escola de Kick Boxing Cipri Gómez

G32352478

AEAT

Asoc. Xuventude Sta. Teresita

G32227043

AEAT

Asociación Deportiva e Cultural A Capela

G15138480

MNS

Bs Rally Team

G01702075

MNS

Bueu Atlético Balonmán

G36039683

Beneficiaria en 2021

Club Atletismo Milla Raio

G70193313

AEAT

Club Atletismo Santiago

G70389721

AEAT

Club Balonmán Poio - Artai

G01856996

AEAT

Club Balonmán Ribadosar

G70327655

AEAT

Club Balonmano Reconquista de Vigo

G27871375

AEAT

Club Basquet Coruña S.A.D.

A15565054

AEAT

Club Ciclista Compostelano

G15065642

MNS

Club Ciclista Ribadumia

G94181039

AEAT

Club Ciclista Tambre Bike

G70389861

AEAT

Club de Hockey Compostela

G70160114

AEAT

Club de Montaña Quixos

G27255827

AEAT

Club de Patinaxe Sarela

G70382684

AEAT

Club de Remo Mecos El Grove

G36048684

AEAT

Club de Tenis A Pedralba

G15723281

AEAT

Club de Tenis A Tobeira

G36762185

AEAT

Club del Mar de Mugardos

G15097363

AEAT

Club del Mar de San Amaro

G15057870

Beneficiaria en 2021

Club Deportivo Bball. Ourense

G32475295

AEAT

Club Deportivo Choco-Redondela

G36041994

AEAT

Club Deportivo Cultural Ribeiro

G32102279

AEAT

Club Deportivo Dodro

G15789266

MNS, AEAT

Club Deportivo Flechas por un Tubo

G70583158

MNS

Club Deportivo Kung Tai

G94144490

MNS

Club Deportivo Millarengo Cultura

G70311980

AEAT

Club Deportivo Paddle Mera

G70579958

AEAT

Club Deportivo Seungsport

G27810761

MNS

Club Deportivo Velle

G32147761

AEAT

Club Deportivo Vilagarcía Tenis de Mesa

G94127768

AEAT

Club Escola de Fútbol DSF

G94174075

MNS

Club Escola Rosalía

G27827856

AEAT

Club Escolas Deportivas Municipais de Salceda

G36352854

AEAT

Club Escuela Deportiva Cotobade**

G36524411

MNS

Club Fluvial Avión

G32385304

AEAT

Club Fluvial de Lugo

G27008549

AEAT, SS

Club Hípico Coles

G32363145

AEAT

Club Kickboxing C. Juancho

G70280458

AEAT

Club Loita Lugo

G27378520

SS

Club Marítimo de Panxón

G27853514

Atriga

Club Natación Ferrol

G15245038

AEAT

Club Náutico Firrete de Puentedeume

G15080831

AEAT

Club Noia Fútbol Sala

G15359847

AEAT

Club Número Phi

G94185964

AEAT

Club Orense Baloncesto, S.A.D.

A32159287

AEAT

Club Padel Bergantiños

G70533765

AEAT

Club Patinatour

G32403917

AEAT

Club Polideportivo Esclavas

G70269089

AEAT

Club Rugby Ferrol

G70176227

AEAT

Club San Tirso S.D.

G15254774

AEAT

Club Taboada Feminino F.S.

G27502723

MNS

Club Universitario de Ferrol

G15659261

AEAT

Club Vilas-Alborada Judo

G70431325

AEAT

Clube Deportivo Fundación Cipri Gomes

G32473316

AEAT

Clube Deportivo P21 Padel Club

G32419699

AEAT

Congostra Team Sanxenxo

G36576346

MNS

Corujo Club de Fútbol

G36708212

AEAT

Escolas Deportivas Nogueira de Ramuín

G32478034

AEAT

Federación Galega de Voleibol**

V15067978

SS

Federación Gallega de Columbicultura

G32133951

AEAT

Federación Gallega de Esquí Náutico

G32185738

AEAT

Federación Gallega de Hockey

G32172058

AEAT

Grove Surf Club

G94056223

AEAT

Hércules Club de Golf

G15559594

AEAT

Hockey Oroso

G70593132

AEAT

Lugo Running Club

G27462308

AEAT

Míguez Team Club Deportivo

G32455024

AEAT

Monte Real Club de Yates

G36623346

SS

Muralla Rugby Club

G27103423

AEAT

Oroso FS Clube Deportivo

G70345640

AEAT

Oroso Tenis de Mesa

G70238886

AEAT

Peña Veteranos de Fútbol de Maside

G32421919

MNS

Pontevedra CF, S.A.D.

A36029577

AEAT

Racing Club Villalbés

G27119858

AEAT, Atriga

Real Club Celta de Vigo, S.A.D.

A36609105

AEAT

SD Juvenil Ponteareas

G36195550

Atriga

Sociedad Cultural y Deportiva Atlántida de Matamá

G36620854

AEAT

Sociedad Deportiva Atl. Novas - O Rosal

G36105542

AEAT

Sociedad Deportiva Teucro Pontevedra

G36041978

AEAT

Sociedade Deportiva Compostela

G70000385

AEAT

Tomiño C.F. Feminino

G94015278

MNS

Vigo Mafia Surf Club

G27832534

AEAT

Vigo Rugby Club

G36680924

AEAT