Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 4 de novembro de 2021 Páx. 54150

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 4 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS611A (expediente 2021/3829-1 e catro máis).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázanse para proceder á notificación dos actos administrativos de requirimento de emenda das solicitudes ás persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou os seus representantes debidamente acreditados.

Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas ou os seus representantes debidamente acreditados poderán comparecer, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que, de non atenderen o acto que se notifica coa emenda da solicitude no prazo de 10 días a partir do día seguinte ao da notificación, efectuada por comparecencia, de acordo co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se terán por desistidos da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

A Coruña, 4 de outubro de 2021

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS611A

Expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto

administrativo

2021/3829-1

49916335X

Requirimento de emenda da solicitude

19.7.2021

2021/4342-1

78801064M

Requirimento de emenda da solicitude

19.8.2021

2021/3591-1

32365154Z

Requirimento de emenda da solicitude

20.7.2021

2021/3714-1

47384450B

Requirimento de emenda da solicitude

22.7.2021

2021/4508-1

32300405X

Requirimento de emenda da solicitude

9.9.2021