Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 4 de novembro de 2021 Páx. 54143

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 18 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador 2021113AECO por infraccións en materia sanitaria.

Non se puido levar a cabo a notificación da resolución do expediente sancionador 2021113AECO incoado a 32671155T.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña.

De conformidade co artigo 85.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) e co artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo), dispón do prazo de dous meses a partir da recepción desta notificación para presentar recurso contencioso-administrativo contra a presente resolución ante o xulgado ou a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que corresponda, segundo os artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

De optar por presentar recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Sanidade, conforme prevén os artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, no prazo dun mes a partir da recepción desta notificación, perdería o dereito á redución indicada.

A Coruña, 18 de outubro de 2021

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2021113AECO.

DNI/NIF/CIF: 32671155T.

Último enderezo coñecido: rúa río Tambre, nº 17, 3º D, 15404 Ferrol.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.