Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 3 de novembro de 2021 Páx. 53828

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 18 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunica o traslado das follas de valoración da entidade beneficiaria no expediente de expropiación no concello de Beariz, na provincia de Ourense (expediente IN407A 2021/8-3 AT).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica de regulamentación da LMT ALB801 apoio AMPMV100//81-13, no concello de Beariz (expediente IN407A 2021/8-3 AT), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que se detalla, este anuncio publicarase tamén no Diario Oficial de Galicia.

O texto íntegro das referidas follas de valoración atópase ao dispor das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial de Ourense da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, situada na rúa Curros Enríquez 1-4º, 32003 Ourense (solicitar cita previa no teléfono de contacto 988 38 67 10), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión das correspondentes valoracións ao enderezo que sinalen.

Unha vez transcorrido o prazo de dez días indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 18 de setembro de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado
ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2021/8-3 AT.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: regulamentación LMT ALB801 apoio AMPMV100//81-13.

Concello: Beariz.

Predio

Lugar

Referencia catastral

Titularidade proposta

1

Alargos

32012A012003360000UX

Descoñecido