De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanselles ás persoas relacionadas no anexo os actos que se indican en expedientes de reclamación de danos en materia de estradas (Lei 6/2015, do 7 de agosto, de estradas de Galicia), devolta polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.
Segundo establece o artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer na sede do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas (avenida María Victoria Moreno, 43, 1º, edificio administrativo, 36003 Pontevedra), se desexan examinar o expediente e coñecer o contido íntegro deste acto, que contén tamén ofrecemento de prazo de alegacións ou de recursos. Transcorrido o dito prazo de dez días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Fáiselles saber que contra a dita resolución, definitiva na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio, ou no de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia dos interesados, de ser o caso.
Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo este anuncio.
Pontevedra, 19 de outubro de 2021
Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente |
Persoa interesada |
Acto notificado |
Estrada |
RD/PO-138/2021 |
Antonio González Palmás |
Incoación de expediente |
PO-404 (Guillarei-Salvaterra de Miño) |
RD/PO-168/2021 |
Rodrigo Rey Ambros |
Incoación de expediente |
PO-531 (Pontevedra-Baión) |