Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 3 de novembro de 2021 Páx. 53873

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 19 de outubro de 2021 pola que se notifica a resolución do procedemento administrativo sancionador do expediente 12-32-21-01.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015 (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao denunciado cuxos datos persoais se mencionan no anexo, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a resolución do procedemento administrativo sancionador por infracción do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O órgano competente para a resolución do expediente é o director do ente público, de acordo coa tipificación e coa contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 39.1.a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG núm. 146, do 1 de agosto).

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o presidente do Consello de Administración, segundo o establecido no acordo de delegación de competencias do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, publicado pola Resolución do 1 de setembro de 2008, no DOG núm. 190, do 1 de outubro. O prazo para interpoñer este recurso é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o devandito prazo, a resolución sancionadora devirá firme e executiva e o importe da sanción poderá facerse efectivo en período voluntario, dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE núm. 302, do 18 de decembro), mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell/Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BSCH e Abanca), empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia.

De non efectuarse o ingreso no devandito prazo, procederase á súa exacción por vía executiva.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2021

Roi Fernández Añón
Director xeral de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Denunciante

DNI/CIF

denunciado

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto

infrinxido

Precepto

sancionador

Importe

da sanción

Sanc. 12-32-21-01

Garda Civil

B-15555410

Abandono vehículo en dominio público portuario.

14.4.2021; Fisterra (A Coruña)

Art. 131.o), p) e t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) en relación co artigo 78.27 do Regulamento de servizo e policía aprobado pola O.M. do 12 de xuño de 1976

Art. 137 da LPG

200 €